CMOS
CMOS
[INFORM]
O Semicondutor Complementario Metal-óxido é un tipo de circuíto integrado que destaca polo seu consumo de enerxía extremadamente baixo e pola súa vulnerabilidade para ser danado pola electricidade estática. Está constituído por un transistor MOSFET de canle n montado en serie cun de canle p. A súa velocidade e densidade de integración son intermedias entre as conseguidas polas tecnoloxías NMOS e PMOS ( MOS). Os dispositivos CMOS utilízanse nos reloxos dixitais, nas calculadoras de peto, nos microprocesadores e nas memorias dos ordenadores.