CMYK

CMYK
[INFORM]

Representación das catro cores das tintas de impresión estándar: cian, magenta, amarela e negra, que cando se combinan axeitadamente poden reproducir unha imaxe a toda cor. Se se lle solicita a un ordenador que realice a separación de cores para unha tarefa de procesamento destas, xéranse catro separacións de cor, unha para cada unha das tintas estándar. O K que identifica a cor negra en lugar do B que lle correspondería, utilízase para evitar confusión co cian, que é unha tonalidade do azul e que podería supoñerse que debería ser B.

Palabras veciñas

CMOS | CMP | CMS | CMYK | CNAC | cnefoplancto | cnemide