Coade, pedra de
Coade, pedra de
Pedra artificial creada en Londres no s XVIII, e que se empregou na decoración de edificios e na construción de monumentos e esculturas. Sen datos do seu inventor, o nome deriva de Eleanor Coade, quen a comercializou dende 1770. Atribuíaselle unha resistencia maior ca a pedra natural e a calidade de conservar mellor os trazos esculpidos. Traballaron con ela Robert Adam e John Bacon o Vello, entre outros. Entre as construcións realizadas destaca a galería do órgano da capela de Saint George en Windsor (1790-1792). Deixouse de comercializar en 1833.