Coahuila
Estado federado de México (149.982 km2; 2.793.537 h [estim 1995]). Está drenado polos ríos Bravo do Norte (que establece a fronteira cos EE UU), Escondido e Salado. O seu clima é árido, con moi poucas precipitacións anuais. A capital é Saltillo (420.947 h [1990]). A economía baséase na agricultura (algodón, viña e froiteiras), na gandería bovina e na minería. Na industria destacan as fábricas de tecidos, as químicas e as de maquinaria. O descubrimento das minas de prata de Zacatecas no 1548 ocasionou a fundación da cidade homónima na gobernación de Nueva Vizcaya. A finais do s XVIII, o proceso de colonización atopouse coa resistencia dos grupos indíxenas e a presión dos comanches de Texas (1798). Foi escenario da fracasada conspiración de Querétaro (1810) e pola constitución mexicana de 1824 declarouse a Coahuila un dos estados de México. A revolta encabezada por Venustiano Carranza comezou neste estado en 1913.