coágulo
coágulo
(< lat coagūlu)
-
s
m
Masa coagulada. OBS: É unha palabra de uso técnico.
Sinónimos: bolboroto, borboroto, cadullo. -
coágulo sanguíneo
[FISIOL]
Masa vermella de consistencia friable, integrada polos elementos sanguíneos aglutinados polo proceso de coagulación. Está constituído por unha rede de fibrina que engloba os eritrocitos, os leucocitos e as plaquetas. Sofre un proceso de retracción grazas a un enzima segregado polas plaquetas, indispensable para a liberación do soro.