cadullo
cadullo
(
-
s
m
-
Porción de terra dunha leira onde non chega o arado, por non poder virar os bois, que logo vai ser labrada de través.
Ex: Plantaron árbores froiteiras no cadullo da veiga.
Sinónimos: acadullo, cadabullo, caldulleiro, coudullo. -
Cada un dos sucos que se aran nesta franxa de terra.
Ex: Aínda non recollemos as patacas que plantamos nos cadullos.
Sinónimos: cabeceiro, cadabullo. Confrontacións: cabeceira, torna. -
Franxa de terra que se deixa sen cultivar e que serve de lindeiro entre dúas leiras.
Ex: Segou a herba do cadullo para que non asombrase o millo.
Sinónimos: arredor, arró, cadabullo, cómaro, arredor.
-
-
s
m
Terrón compacto que se levanta ao arar.
Ex: A terra estaba moi mollada, por iso o arado deixou moitos cadullos.
Sinónimos: cadabullo, cadolo, cotellón. -
s
m
Grumo que se forma cando calla unha substancia, especialmente o que forma a fariña cando non se mestura ben.
Ex: Remexe máis o leite porque formou moitos cadullos. No sangue fórmanse moitos cadullos.
Sinónimos: bolboroto, borboroto.