cabeceiro

cabeceiro

(< cabeza)

  1. s m

    Saco cheo de la, espuma ou outros materiais para apoiar a cabeza na cama.

    Ex: O médico díxolle que tiña que durmir sen cabeceiro.

    Sinónimos: almofada, cabeceira, cabezal.
  2. s m

    Corda que se lles pon na cabeza ás bestas para atalas, suxeitalas ou conducilas.

    Ex: Púxolle un cabeceiro novo á egua.

    Sinónimos: cabestro, cabezada, cabezal, ramal.
  3. s m

    Parte superior dunha leira que se labra en sentido transversal ao final, porque é necesaria para poder achegar os regos do arado o máis próximo á cima.

    Ex: A cabeceira é a parte que está máis mala de traballar porque sempre se pisa moito.

    Sinónimos: cadabullo, cadullo.
  4. s m [ARQUIT]
    1. Madeiro ou elemento superior no marco dunha fiestra ou ventá.

    2. Lintel de madeira.

  5. s m [PESCA]

    Parte extrema da rede que teñen os aparellos dalgunhas artes de pesca.

Palabras veciñas

Cabe, El | cabecear | cabeceira | cabeceiro | cabeceo | cabeco | Cabeco