cabezada
(
-
s
f
Golpe dado coa cabeza.
Ex: Cando esvaraches déchesme unha boa cabezada.
-
s
f
Movemento de inclinación da cabeza, polo xeral cara a abaixo e por efecto do sono.
Ex: Estaba tan canso que deu cabezadas durante o relatorio.
-
s
f
Sinal de afirmación feito coa cabeza.
Ex: Asentiulle todo o que dixo mediante cabezadas.
-
s
f
Corda ou soga que se emprega para amarrar as cabalerías pola cabeza.
Ex: A vaca está solta na corte porque non topo a cabezada.
Sinónimos: cabeceiro, cabestro, cabezal. -
s
f
Sono de breve duración.
Ex: Vou espertala porque xa leva unha hora e dixo que só quería durmir unha cabezada.
Sinónimos: sonada, soneca. -
s
f
[GRÁF]
Fita que adorna os bordos do lombo dun libro encadernado con pastas duras.
Ex: Os dous volumes distínguense polas cores das bandas da cabezada.
-
s
f
[MAR]
Acción de afundirse bruscamente na auga a proa dunha nave, animada cun movemento de balanceo de proa a popa.
Ex: Ó aumentar a velocidade da embarcación notamos as cabezadas.