Cabeza del Buey

Cabeza del Buey

Municipio da provincia de Badajoz, Extremadura, situado ao extremo SL da provincia no límite coa de Córdoba, en Andalucía (6.222 h [1996]). O termo, moi montañoso, está drenado polo río Zújar, que serve de límite entre as dúas comunidades. A súa economía baséase no sector agropecuario, especialmente na gandería ovina e porcina, e nos seus produtos derivados.