cabezal

cabezal

(< cabeza)

  1. s m
    1. Funda alongada de tea, enchida con algún material brando que se emprega para apoiar a cabeza cando se dorme.

      Ex: Por consello do médico, merquei un cabezal máis duro para descansar mellor.

      Sinónimos: almofada, cabeceira, cabeceiro.
    2. Almofada de forma cadrada e de dimensións reducidas.

      Ex: A cama estaba adornada con coxíns e cabezais.

  2. s m

    Parte superior dunha cama.

    Ex: Aparafusamos o cabezal da cama á parede para que non se movera.

    Sinónimos: cabeceira.
  3. s f

    Corda coa que se prenden as cabalerías pola cabeza.

    Sinónimos: cabeceiro, cabestro, cabezada, ramal.
  4. s m [TECNOL]
    1. Parte dunha maquinaria-ferramenta que transmite o movemento principal e sostén a peza ou a ferramenta. O cabezal de certas máquinas múltiples, chamado autónomo, é unha unidade independente dotada de motor propio e destinada a un tipo determinado de mecanización.

    2. cabeza magnética.

  5. [TECNOL]
    1. cabezal condensador

      Parte da ampliadora que contén a fonte de luz.

    2. cabezal de cor

      Sistema de iluminación da ampliadora que presenta filtros ou fontes de luz axustables para o positivado en cor.

    3. cabezal panorámico e de inclinación

      Cabeza do trípode que permite que a cámara se mova cara a arriba ou cara a abaixo, ou que realice xiros de 360° mentres permanece nunha posición estable. É un elemento axustable en si mesmo.

Refráns

  • O traveseiro é bo conselleiro, que dá despacio o consello.

Palabras veciñas

Cabeza Grande, A | Cabeza la Vaca | cabezada | cabezal | cabezaleiro | cabezalla | Cabezalla