cabezal
(< cabeza)
-
s
m
-
Funda alongada de tea, enchida con algún material brando que se emprega para apoiar a cabeza cando se dorme.
Ex: Por consello do médico, merquei un cabezal máis duro para descansar mellor.
Sinónimos: almofada, cabeceira, cabeceiro. -
Almofada de forma cadrada e de dimensións reducidas.
Ex: A cama estaba adornada con coxíns e cabezais.
-
-
s
m
Parte superior dunha cama.
Ex: Aparafusamos o cabezal da cama á parede para que non se movera.
Sinónimos: cabeceira. -
s
f
Corda coa que se prenden as cabalerías pola cabeza.
Sinónimos: cabeceiro, cabestro, cabezada, ramal. -
s
m
[TECNOL]
-
Parte dunha maquinaria-ferramenta que transmite o movemento principal e sostén a peza ou a ferramenta. O cabezal de certas máquinas múltiples, chamado autónomo, é unha unidade independente dotada de motor propio e destinada a un tipo determinado de mecanización.
-
cabeza magnética.
-
-
[TECNOL]
-
cabezal condensador
Parte da ampliadora que contén a fonte de luz.
-
cabezal de cor
Sistema de iluminación da ampliadora que presenta filtros ou fontes de luz axustables para o positivado en cor.
-
cabezal panorámico e de inclinación
Cabeza do trípode que permite que a cámara se mova cara a arriba ou cara a abaixo, ou que realice xiros de 360° mentres permanece nunha posición estable. É un elemento axustable en si mesmo.
-
cabezal condensador
Refráns
- O traveseiro é bo conselleiro, que dá despacio o consello.