cabecear

cabecear

(

  1. v i

    Facer movementos coa cabeza.

  2. v i

    Mover a cabeza para adiante e para atrás ou para os lados de forma involuntaria, cando se está adurmiñado e a cabeza non está apoiada.

    Ex: Despois de comer sempre lle pega o sono e cabecea.

    Sinónimos: cotelear, toquear, toquenear, monear, moquear.
  3. v i

    Realizar movementos coa cabeza para afirmar ou negar algo.

    Ex: Non falou para dicir que viña á festa, cabeceou para dicírnolo.

    Confrontacións: acenar.
  4. v i

    Caer cara a un lado algo que debería permanecer inmóbil, en equilibrio.

    Ex: Cabeceou o poste pola punta porque estaba mal colocado.

  5. v i [MAR]

    Alzar e baixar alternativamente a proa e a popa dun barco, que provoca un movemento lonxitudinal cando a proa cae sobre as ondas do mar, volvendo a levantarse cun lixeiro balanceo máis ou menos regular. En comparación co movemento de balanceo os espacios de tempo nos que se produce o cabeceo son bastante máis curtos; do mesmo xeito, as cabezadas son máis violentas ca o balanceo, tanto por ese período máis curto no que se producen como tamén porque as velas non amortecen ese movemento.

    Ex: O barco non cabeceaba nada porque non había ondas.

    Sinónimos: abalear, arfar, balancear. Confrontacións: arrandear.
  6. v i [AGR]

    Estremar unha leira con outra pola parte da cabeceira.

    Ex: Ten unha leira que cabecea co río.

  7. v i [DEP]

    Xogar co balón dándolle toques coa cabeza.

    Ex: Gañaron o partido gracias ó gol do balón que cabeceou o xogador.

Palabras veciñas

Cabazo | Cabe | Cabe, El | cabecear | cabeceira | cabeceiro | cabeceo
Conxugar
VERBO cabecear
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cabeceo
cabeceas
cabecea
cabeceamos
cabeceades
cabecean
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cabeceaba
cabeceabas
cabeceaba
cabeceabamos
cabeceabades
cabeceaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cabeceei
cabeceaches
cabeceou
cabeceamos
cabeceastes
cabecearon
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cabeceara
cabecearas
cabeceara
cabecearamos
cabecearades
cabecearan
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cabecearei
cabecearás
cabeceará
cabecearemos
cabecearedes
cabecearán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cabecearía
cabecearías
cabecearía
cabeceariamos
cabeceariades
cabecearían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cabecee
cabecees
cabecee
cabeceemos
cabeceedes
cabeceen
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cabecease
cabeceases
cabecease
cabeceasemos
cabeceasedes
cabeceasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cabecear
cabeceares
cabecear
cabecearmos
cabeceardes
cabecearen

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
cabecea
-
-
cabeceade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cabecear
cabeceares
cabecear
cabecearmos
cabeceardes
cabecearen
Xerundio cabeceando
Participio cabeceado
cabeceada
cabeceados
cabeceadas