caduco -ca
(< lat cadūcu ‘que cae’)
-
Antónimos:
perenne.
-
Que está a piques de chegar ao seu final, que non ten forza para manterse ou que está destinado a desaparecer.
Ex: A aristocracia é un estamento caduco.
-
[BOT]
Referido a calquera órgano que desaparece máis ou menos axiña, como as follas das árbores caducifolias ou os pétalos de moitas flores, que se desprenden xusto cando comeza a formación do froito.
Ex: O carballo é unha árbore de follas caducas, pero o piñeiro ten follas perennes.
Antónimos: perenne. -
adx
[ZOOL]
Aplícase aos cornos dalgúns animais, como o cervo, que caen anualmente.
-
-
adx
Aplicado a unha persoa que ten a súa capacidade física e mental diminuída.
Ex: O avó xa non lembra ben as cousas, está algo caduco.
-
adx
Que perde vigor ou validez ou que está en decadencia.
Ex: O goberno actual parece caduco.
Antónimos: actual. -
adx
[LING]
Aplícase ao son que perdeu toda a súa capacidade distintiva ou que deixou de pronunciarse, aínda que se siga a representar na escrita, ou que se pronuncia relaxada e indistintamente. Un son caduco é, por exemplo, o -e mudo final en francés.
-
s
f
[BIOL]
decidua.
-
mal caduco
[PAT]
epilepsia.