caduco -ca

caduco -ca

(< lat cadūcu ‘que cae’)

  1. Antónimos: perenne.
    1. Que está a piques de chegar ao seu final, que non ten forza para manterse ou que está destinado a desaparecer.

      Ex: A aristocracia é un estamento caduco.

    2. [BOT]

      Referido a calquera órgano que desaparece máis ou menos axiña, como as follas das árbores caducifolias ou os pétalos de moitas flores, que se desprenden xusto cando comeza a formación do froito.

      Ex: O carballo é unha árbore de follas caducas, pero o piñeiro ten follas perennes.

      Antónimos: perenne.
    3. adx [ZOOL]

      Aplícase aos cornos dalgúns animais, como o cervo, que caen anualmente.

  2. adx

    Aplicado a unha persoa que ten a súa capacidade física e mental diminuída.

    Ex: O avó xa non lembra ben as cousas, está algo caduco.

  3. adx

    Que perde vigor ou validez ou que está en decadencia.

    Ex: O goberno actual parece caduco.

    Antónimos: actual.
  4. adx [LING]

    Aplícase ao son que perdeu toda a súa capacidade distintiva ou que deixou de pronunciarse, aínda que se siga a representar na escrita, ou que se pronuncia relaxada e indistintamente. Un son caduco é, por exemplo, o -e mudo final en francés.

  5. s f [BIOL]

    decidua.

  6. mal caduco [PAT]

    epilepsia.

Palabras veciñas

caducidade | caducifloro -ra | caducifolio -lia | caduco -ca | cadullar | cadullo | cadurco -ca