caducidade

caducidade

(

  1. s f

    Calidade de caduco.

  2. [DER]
    1. s f

      Extinción dun dereito ou acción por mor de non ser executado dentro do prazo fixado pola lei (caducidade legal) ou pactado entre as partes (caducidade convencional). Contra a prescrición, a caducidade actúa en termos breves, sen prórroga e sen interrupción.

      Ex: Este permiso de traballo ten unha caducidade de seis meses.

    2. s f

      Extinción dun permiso, documento de autorización, concesión ou semellante, que a administración outorgou temporalmente (carné de identidade, permiso de conducir, pasaporte, etc), debido a que non se cumpren os pagamentos periódicos ou outros requisitos segundo os casos (patentes, licencias de edificación, etc).

    3. caducidade da instancia

      Final e arquivo dos autos dun procedemento ou expediente administrativo que se decreta cando, durante un prazo determinado, se paraliza por causa imputable ao interesado.

    4. caducidade da instancia

      Extinción dun proceso cando unha das partes non efectúa voluntariamente, durante o tempo fixado, os actos procesais que lle pertencen.

  3. data de caducidade [MED/ALIM]

    Data a partir da que se perde a garantía de que un produto alimentario ou farmacolóxico conserve as calidades aptas para o consumo, aínda que a súa aparencia sexa normal.

    Ex: Antes de comer ese iogur fíxate na data de caducidade.

Refráns

  • Caen as flores e caerán as árbores:
  • Non hai cousa que non se acabe máis cedo ou máis tarde.
  • Tan axiña se vai o año como axiña se vai o ano.

Palabras veciñas

caduceo | caduci- | caducicordado -da | caducidade | caducifloro -ra | caducifolio -lia | caduco -ca