coautor -ra

coautor -ra

(< co- + autor)

  1. s

    Persoa que fai unha obra conxuntamente con outra. Ex: É coautor do proxecto de investigación que se publicou recentemente.

    Ex: É coautor do proxecto de investigación que se publicou recentemente.

  2. s [DER]

    Persoa que participa directamente con outras na execución dunha acción punible. Cada coautor é responsable do delito e aplícaselle a pena total sinalada para este. En canto á responsabilidade civil, responde solidariamente cos outros dunha cantidade única expresiva dos prexuízos ocasionados. As circunstancias persoais agravantes ou atenuantes aféctanlle soamente ao coautor no que concorren.

Palabras veciñas

coatí | Coatlicue | Coatzalcoalcos | coautor -ra | coautoría | coaxial | Coba