coautor -ra
coautor -ra
(< co- + autor)
-
s
Persoa que fai unha obra conxuntamente con outra. Ex: É coautor do proxecto de investigación que se publicou recentemente.
Ex: É coautor do proxecto de investigación que se publicou recentemente.
-
s
[DER]
Persoa que participa directamente con outras na execución dunha acción punible. Cada coautor é responsable do delito e aplícaselle a pena total sinalada para este. En canto á responsabilidade civil, responde solidariamente cos outros dunha cantidade única expresiva dos prexuízos ocasionados. As circunstancias persoais agravantes ou atenuantes aféctanlle soamente ao coautor no que concorren.