cobaltita
cobaltita
( 2 -ita)
s
f
[MINERAL]
Sulfuro de arsénico e cobalto, de fórmula CoAsS. Cristaliza no sistema cúbico. Pertence ao grupo de minerais da pirita e os cristais teñen forma de hexaedro ou de octaedro. A dureza é de 5,5 e a densidade de 6,33. Ten unha cor branca prateada con tons vermellos ou tamén gris aceiro con tinturas violáceas. Aparece mesturada con diversos sulfuros ou arseniuros de níquel e de cobalto.