Cobas Brenlla, Xulio
Cobas Brenlla, Xulio
Mestre. Promocionou libros e materiais pedagóxicos para o ensino, ao mesmo tempo que coordinaba a edición de coleccións de libros de literatura infantil e xuvenil e de libros escolares. Traduciu libros ao galego, escribiu artigos na prensa e participou na redacción de libros de texto. Publicou, entre outras obras: A voltas coa literatura pra nenos (1982), Cantando cos nenos (1985), Voa... Se podes! (1987), Autores galegos de literatura infantil (1989), Historia da literatura infantil e xuvenil galega (1989) e Acción madurativa e integradora do folclore infantil (1995).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : A Baña