Cobato, pazo de

Cobato, pazo de

Construción de planta cuadrangular, situada en Sobrado (A Pobra de Trives). Unha solaina percorre o lado sur do edificio que acolle, no seu interior, un oratorio visible no exterior por medio dunha espadana. Na capela, aparece unha inscrición nun lintel que recolle a data e o nome do fundador da mesma: Suárez de Puga, cabaleiro da Real Orde de Carlos III en 1847. Cómpre destacar a decoración dos muros con motivos, como columnas, arcos e outros elementos decorativos. Conserva un pombal de planta rectangular.