Cobián Roffignac, Eduardo
Xurisconsulto e político. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, exerceu a carreira xudicial ata ser elixido deputado pola Cañiza en 1886. Reelixido deputado por Xinzo de Limia e senador por Pontevedra, conseguiu a acta de deputado por Tenerife no ano 1910. Foi nomeado ministro da Mariña en 1905 e ministro de Facenda en 1910; durante a segunda etapa ministerial propuxo reformar o sistema tributario español a través dunha serie de proxectos relativos á contribución territorial, aos dereitos reais en sucesións hereditarias, ás cédulas persoais, aos transportes ou ao consumo. En abril do mesmo ano abandonou o cargo e foi designado gobernador do Banco de España. Foi vicepresidente do Consello de Estado, presidente da comisión de orzamentos e avogado da Casa Real. Escribiu Proyecto de Leyes de presupuestos generales del estado para el año económico de 1911 (1910).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Pontevedra -
Deceso
Lugar : Madrid