Cocentaina

Cocentaina

Municipio e cabeza da comarca del Comtat, Alacant, na Comunitat Valenciana, drenado polo río Serpis (10.737 h [1996]). A superficie forestal é importante e explótase, en boa medida, para obter madeira. Os cultivos son maioritariamente de secaño, con predominio das oliveiras destinadas á produción de aceite, as amendoeiras e as árbores froiteiras. No regadío hai produtos de horta. A principal actividade industrial é a téxtil. Do seu patrimonio destacan os restos da muralla medieval, o Palau Comtal, de estilo gótico-renacentista, o castelo (ss XIII-XIV) e as igrexas do Salvador (s XVI) e de Santa María (s XVII).