Cochin
Cochin
Cidade do estado de Kerala, India, na parte central da Costa Malabar (564.589 h [1996]). É un centro pesqueiro e mercado agrícola, principalmente de té e copra. No sector industrial destaca a fabricación de tecidos de algodón.