Cochin

Cochin

Familia de gravadores franceses. Nicolas Cochin (Troyes 1610 - París 1686) participou con Jacques Callot en A gran Paixón. Noël Cochin (Troyes 1622 - Venecia 1695) continuou a obra do seu irmán. Charles Nicolas Cochin o Vello (París 1688 - 1754) realizou gravados de Watteau e Chardin, entre outros. Charles Nicolas Cochin o Novo (París 1715 - 1790) foi protexido de Luís XV e mestre de Madame Pompadour. Os seus gravados representaron o mundo cortesán. Realizou o gravado da portada da Encyclopédie e escribiu Observacións sobre as escavacións de Herculano e a escultura dos antigos (1754).