Cockcroft, John Douglas

Cockcroft, John Douglas

Físico inglés. Estudiou nas universidades de Manchester e Cambridge. Traballou con E. T. S. Walton no campo da transmutación do núcleo atómico mediante partículas aceleradas. En 1932 construíu o primeiro acelerador de partículas e acadou, xunto con Walton, a transmutación artificial do litio e do boro. Ademais atopou novos núcleos atómicos descoñecidos ata ese momento. Profesor en Cambridge dende 1939 a 1946, participou no proxecto Manhattan durante a Segunda Guerra Mundial. Membro da Royal Society, recibiu o Premio Nobel de Física en 1951, compartido con Walton, e en 1961 o Premio Átomos para a Paz.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Todmorden, Yorkshire

  • Deceso

    Lugar : Cambridge