Coco

Coco

Río de América Central que nace no extremo meridional de Honduras, pasa a Nicaragua e despois actúa como fronteira entre ambos os dous países, seguindo unha dirección N-L. Desemboca, logo dun percorrido de 750 km, formando un delta no Mar Caribe.