codeshidroxenase

codeshidroxenase

(

s f [BIOQ]

Cada un dos enzimas que actúan conxuntamente coas deshidroxenases nas oxidacións biolóxicas aceptando electróns directamente do substrato, como o NAD e o NADP. Estes enzimas únense ao lugar específico das deshidroxenases, de xeito que forman sistemas redox que serven de ponte para os electróns dende o substrato aos sistemas flavoproteínicos.