Codesido, casa torre de
Codesido, casa torre de
Construción pacega situada no lugar da Torre, en Vilalba. Fundárona os Losada no s XVI e pertenceu no s XVIII a don Andrés Losada Rodríguez. O edificio actual amosa as ampliacións do s XVIII. Na fachada destacan a porta de acceso cun arco apuntado e un brasón. O conxunto completábase cunha torre e cunha capela dedicada á Virxe das Angustias, que non se conservan.