codeso
codeso
(< lat v *cutisus por cytisus< gr κύτισος)
s
m
[PLANTA]
Arbustos sen espiñas, de follas pequenas e trifoliadas, dispostas en verticilos. Presenta flores papilonáceas de cor amarela, con dez estames soldados polo filamento formando un tubo, dispostas en acios terminais que dan lugar a legumes cubertas de tubérculos glandulosos. En Galicia constitúe un dos elementos do sotobosque das fragas ou dos matos, que substitúen as árbores cando desaparecen.