codia
(
-
s
f
-
Parte externa dura que cobre unha cousa de materia máis branda. Na tradición oral recóllense os seguintes refráns: “A codia dura o dente aguza. Val máis codia dura que pedra mol”.
Ex: Sempre lle quito a codia ó queixo antes de comelo.
Sinónimos: tona. -
Anaco de pan reseso e duro.
Ex: Para comer non tiña máis que unha codia.
Sinónimos: carocho, carolo, codecha, codela, codelo. Confrontacións: corrosco.
-
-
s
f
[BOT]
Parte externa da raíz, do talo e das pólas das plantas leñosas, que coincide cos tecidos situados por fóra do cámbium.
-
[ANAT]
-
s
f
Capa externa de tecido que recobre determinados órganos.
Sinónimos: córtex. -
codia cerebral
Capa externa do cerebro, de 20 a 23 mm de grosor, formada polos corpos celulares das neuronas (substancia gris). Nela intégranse as funcións sensitivas, motoras e de conciencia.
-
codia suprarrenal
Parte externa da glándula suprarrenal, de orixe mesodérmica, na que se distinguen tres capas: a glomerular, a fascicular e a reticular, nas que se sintetizan mineralcorticoides, glicocorticoides e andróxenos, respectivamente.
-
s
f
-
[XEOL]
-
s
f
Superficie orixinada pola cimentación dos solos das zonas áridas ou semiáridas, formada principalmente por carbonato e sulfato de calcio. Esta capa calcaria, a miúdo concrecionada, é típica das rexións de clima cálido ou seco. Soe soportar vexetación esteparia ou arbustiva clara.
Sinónimos: tona. -
codia terrestre
Conxunto de capas exteriores da Terra. Na súa estrutura diferénciase unha capa superficial ríxida e relativamente lixeira, composta por rochas cristalinas recubertas por capas sedimentarias e que recibe o nome de SIAL, debido a que os compoñentes predominantes son a sílece e a alumina. Unha segunda capa, situada a máis profundidade e coñecida como capa basáltica ou sima, onde os materiais predominantes son a sílice e o magnesio. A codia terrestre está separada do manto pola discontinuidade de Mohorovicic.
-
s
f