carocho
(
-
s
m
-
[BOT]
Espiga do millo que non madurou de todo e presenta un tamaño reducido e uns grans ralos e pequenos.
Ex: Ó sacarlle o esterco ó porco dálle uns carochos para que se entreteña.
Sinónimos: carroucho, caruncho, codroso. Confrontacións: espigallo. -
Parte interior da mazaroca á que están unidos os grans.
Ex: Encendeu o lume cuns carochos e uns garabullos.
Sinónimos: cadolo, cadrozo, canoto, carolo, carozo.
-
[BOT]
-
s
m
[ALIM]
-
Anaco de pan que se corta por unha beira da bola.
Ex: Pedinlle unha miga de pan e deume un carocho ben grande.
Sinónimos: cantelo. -
Anaco de pan duro e con codia.
Ex: Bótalle un carocho ó can que está morto de fame.
Sinónimos: carolo, codelo. -
Anaco de pan de trigo con ovos e azucre que recibían os veciños dalgunhas aldeas, de parte dos noivos, o día do casamento.
Ex: Os noivos repartían carochos entre os seus convidados.
Sinónimos: canelo, regueifa.
-
-
s
m
Termo do latín dos chafoutas, ou xerga dos albaneis, e do verbo dos daordes, ou xerga dos telleiros, que corresponde á voz ‘tabaco’.