canoto
(< 1 cano)
-
s
m
[BOT]
Talo das plantas herbáceas, especialmente a da col e a do toxo.
Ex: Os dous rapaces estaban xogando cuns canotos de millo.
Sinónimos: cadolo, canaveira, canivela. Confrontacións: coeiro, couceiro. -
s
m
-
Talo do millo e doutros cereais que fica na terra tras apañalo.
Ex: Tropezou nun canoto de millo e caeu de fociños.
Sinónimos: canouco, rastrollo, restreba, restroballo, restrollo. -
Parte do tronco dunha árbore que queda unida á raíz ao cortala polo pé.
Ex: Non dei arrincado os canotos dos salgueiros que cortamos.
Sinónimos: carocha.
-
-
s
m
-
Eixe central da mazaroca do millo despois de debullala.
Ex: Para prenderes o lume usa canotos e despois xa podes pór madeira máis grosa.
Sinónimos: cadolo, cadrozo, carocho, carolo, carozo. -
Parte central das froitas que non teñen carabuña.
Ex: Podes tirar o canoto da mazá no galiñeiro ou na comida do porco.
Sinónimos: cadrozo, carolo, carozo, corazón, corazón.
-
-
s
m
[BOT]
Pedúnculo groso e curto de certas inflorescencias e froitos.
-
s
m
[ORNIT]
Estado de formación da pluma das aves consistente nunha vaíña pequena e aguda que, chegado o momento, racha e permite o desenvolvementeo da plumaxe.
Frases feitas
-
Duro coma un canoto. Persoa ou cousa que é moi forte ou resistente.
-
Habendo canotos logo se fan rachóns/De onde hai canotos fanse cavacos. Habendo un determinado material, o importante é ter ansia por traballar.