1 carola
1 carola
-
s
f
[BOT]
Piña das coníferas, especialmente a do piñeiro manso.
Ex: Había moitas carolas no monte e varios piñeiros secos.
Sinónimos: caroza. -
s
f
[BOT]
Inflorescencia pequena e densa de certas apiáceas como a do allo e da cebola.
-
s
f
[BOT]
Raiceira napiforme de certas herbáceas como a da remolacha ou nabo.
Sinónimos: carocha. -
s
f
[BOT]
Eixe leñoso da mazaroca do millo.
Ex: As carolas secas son moi boas para facer lume.
Sinónimos: cadolo, cadrozo, canoto, carocho, carolo, carozo. -
s
f
[PAT]
Cotra que recobre unha ferida cando está a curar.
Ex: O accidente deixoulle a cara chea de carolas.
Sinónimos: bostela, carapola, carpola, caspela, postela. -
s
f
[ANIMAL]
Gasterópodo mariño do xénero Charonia.
-
s
f
Bosta que lles queda pegada aos animais no pelo.
Sinónimos: carraña, cascarra, cascarria. Confrontacións: cagarato. -
s
Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘cura’.