2 carola
2 carola
(
s
f
Danza europea medieval na que os bailadores, que forman unha ringleira circular, aberta ou pechada, avanzan collidos das mans ou dando voltas, seguindo o paso do bailarín principal ao ritmo dunha canción. O texto desta canción, normalmente de tema amoroso ou satírico, compúñase de varias estrofas precedidas por un retrouso inicial que repetían despois de cada estrofa os bailaríns a xeito de coro. O baile podía completarse cunha balerie, monólogo ou diálogo entoado polos danzaríns ao tempo que bailaban no medio do círculo. A carola coñécese desde o s VII e a súa orixe cómpre buscala nos antigos bailes dos Maios e nos antigos coros gregos. Estendeuse por Europa durante o s XII e o seu declive tivo lugar durante o s XIV.