Carolina

Carolina

Cidade de Puerto Rico a 25 km de San Juan (177.806 h [1990]). Os cultivos son propiamente tropicais, como a cana de azucre e o tabaco, e constitúen a base do mercado. Tamén están desenvolvidas industrias de confección, quimicofarmacéuticas, metalúrxicas e de derivados da cana de azucre.