bostela

bostela

(

  1. s f [PAT]

    Cotra, vermella e pouco elástica, que se forma na pel dos animais logo dunha ferida. A ruptura do tecido superficial desencadea unha serie de reaccións onde interveñen leucocitos e trombocitos que, xunto coa fibrina, provocan a formación do coágulo. A bostela impide a perda de sangue e dificulta a penetración de axentes patóxenos.

    Ex: Non lle arrinques a bostela ós grans que van sangrar.

    Sinónimos: carapola, carpola, postela.
  2. s f [PAT]

    Ferida pequena con carapola.

    Ex: O prisioneiro tiña bostelas en todas as pernas por mor das torturas que sufrira.

    Sinónimos: postela.

Palabras veciñas

bostear | bosteira | bosteiro | bostela | Bostelo | Bostelo | Bostelo