bostela
bostela
(
-
s
f
[PAT]
Cotra, vermella e pouco elástica, que se forma na pel dos animais logo dunha ferida. A ruptura do tecido superficial desencadea unha serie de reaccións onde interveñen leucocitos e trombocitos que, xunto coa fibrina, provocan a formación do coágulo. A bostela impide a perda de sangue e dificulta a penetración de axentes patóxenos.
Ex: Non lle arrinques a bostela ós grans que van sangrar.
Sinónimos: carapola, carpola, postela. -
s
f
[PAT]
Ferida pequena con carapola.
Ex: O prisioneiro tiña bostelas en todas as pernas por mor das torturas que sufrira.
Sinónimos: postela.