caruncho

caruncho

(< lat v*cŭriŭnclu, haploloxía de *curcuriunclu)

  1. s m [ANIMAL/ENTOM]

    couza.

  2. s m [FUNGO]

    Fungo da orde das ustilaxinais, parasito das poáceas; as hifas poden invadir toda a planta e producir esporas semellantes a po negro nas súas flores ou inflorescencias.

    Confrontacións: cornizó.
  3. s m

    Mancha de humidade provocada pola presenza de fungos acompañada sempre de mal olor, produto da fermentación, que aparece na roupa cando se garda húmida.

  4. s m

    Espiga de millo pequena, de mala calidade e con poucos grans.

    Ex: Este ano na colleita do millo non había máis ca carunchos.

    Sinónimos: carocho, carroucho, codroso. Confrontacións: espigallo.

Formas incorrectas

carcoma