cornizó

cornizó

(< corno)

s m [FUNGO]

Frutificacións dos fungos da especie Claviceps purpurea, da subdivisión ascomicotina, que constitúe un parasito das flores do centeo. A inxestión de sementes infectadas orixina enfermidades nas persoas e nos animais, xa que é quen de provocar a contracción da musculatura lisa e ten, polo tanto, acción sobre os vasos sanguíneos e sobre a matriz. Xa que logo, a intoxicación cos seus alcaloides ten como consecuencia dende transtornos nerviosos ata gangrenas nas extremidades. A súa potente actividade vasoconstrictora empregouse, en medicina, para controlar hemorraxias. A partir da ertotamina, presente no cornizó, obtense o LSD.

Sinónimos

Confrontacións

caruncho

Palabras veciñas

corniño | cornixa | corníxero -ra | cornizó | corno | Corno | corno di bassetto*