cornixa
(< ital cornice < latcornis -idis ‘coroamento’)
-
[ARQUIT]
-
s
f
Elemento arquitectónico saínte, polo xeral horizontal e con moldura, que coroa un edificio. Adquiriu unha grande importancia na arquitectura grega, ao ser un dos elementos que formaba o entaboamento. Cada orde arquitectónica tiña o seu tipo de cornixa, que logo pasou á arquitectura romana. A cornixa clásica perdeuse na época medieval, pero reapareceu co Renacemento. Nas fachadas renacentistas, de ordes superpostas ou dunha única orde, cada corpo tiña a súa cornixa. As exteriores dun edificio teñen unha finalidade protectora, mentres que as interiores son exclusivamente decorativas e están feitas con materiais máis febles como a madeira ou o xeso.
-
cornixa arquitrabada
Cornixa formada por unha arquitrabe e o friso.
-
cornixa de canle
Moldura metálica ou pétrea colocada de xeito vertical respecto ao beirado para desviar a auga da súa parte inferior.
-
cornixa de cinchón
Cornixa que rodea todo o edificio e que marca a división dos pisos.
-
cornixa denticulada
Moldura decorada por canzorros ou dentes. É característica da arquitectura normanda.
-
cornixa rampante
Cornixa que, nunha cuberta a dúas augas, segue a inclinación dos cangos que forman as tesoiras da mesma.
-
s
f
-
s
f
Moldura ou conxunto de molduras que culmina un moble, un pedestal, unha porta, unha ventá ou outra cousa.
Ex: A cornixa do roupeiro está decorada con flores.
-
s
f
[XEOG]
Parte rochosa dunha montaña ou dunha costa esgrevia que sobresae por causa da litoloxía diferencial, de xeito que a capa superior é máis dura cás inmediatamente inferiores.