corno
(< lat cornu)
-
s
m
-
Protuberancia que presentan algúns animais na cabeza, e que pode variar dende unha sinxela prominencia ata presentar complexas ramificacións ou forma de hélices. As máis das veces, os cornos dispóñense nos ósos frontais, nos nasais, nos frontais e nasais á vez, ou no occipital. Teñen unha función defensiva ou de exhibición sexual. Algúns dinosauros da familia dos ceratópsidos, como os Triceratops, presentaban un corno nasal e dous grandes cornos sobre as órbitas dos ollos. Os carnosauros, da familia dos ceratosáuridos, tiñan un pequeno corno sobre o fociño que empregaban para acosar e derrubar as presas das que se alimentaban. Os mamíferos máis antigos con cornos pertencen á orde dos dinoceratos, uns grandes herbívoros do Eoceno, que presentaban de xeito par protuberancias curtas e grosas no fociño, na fronte e na parte máis alta da cabeza. Dentro dos artidiodáctilos, a familia dos protocerátidos presentaba, ademais dun par de cornos típicos, un corno no fociño de gran tamaño e punta gallada. Os bóvidos caracterízanse por posuíren cornos de núcleo óseo de forma simétrica e recubertos dunha funda de queratina. Os antilocápridos teñen o núcleo óseo tamén persistente de por vida pero mudan o estoxo de queratina anualmente. Os machos dos cervos posúen unha cornamenta ramificada, agás no caso do cervo acuático que carece de cornos e ten, sen embargo, cabeiros hiperatrofiados. As hastas son macizas e despréndense, logo do celo, todos os anos na primavera. Os cornos desenvólvense a partir dun pedúnculo cuberto dunha pel intensamente vascularizada que protexe o óso en crecemento; cando este remata de crecer, o sangue deixa de fluír, co que a pel morre e se desprende, axudada polo propio animal que se frega contra a vexetación. No caso de Megaceros, os cornos acadaban unha envergadura de 4 m. Os xiráfidos presentan un núcleo óseo recuberto de pel; moitas especies fósiles desta familia presentaban cornos de gran tamaño á vez que carecían do longo pescozo das xirafas actuais. Dentro dos perisodáctilos, os brontoterios tiñan dúas protuberancias que nacen da parte superior do fociño, mentres que os cornos dos actuais rinocerontes consisten nunha pel endurecida que recobre un núcleo denso de fibras de queratina. Na tradición popular o corno ten diversos usos prácticos e simbólicos ao atribuírselle eficacia contra os maleficios. Por iso, adoita colgarse nas casas un corno -de touro, de carneiro ou castrón- detrás das portas, contra as meigas. Co mesmo fin, pónselles aos meniños un corno pequeno, de vacaloura, atado ao pulso, e aos adultos, no peto. O corno, arma defensiva para moitos animais, adquire tamén o valor de arma simbólica. A miúdo, por razóns prácticas, substitúense os cornos do touro ou do carneiro por uns de vacaloura, moito máis manexables; ou ben por uns corniños manufacturados, case sempre amodo de colgante. Se ante o posible ataque dun axente maléfico non se leva ningún tipo de corno enriba, abonda con “poñer/facer/botar os cornos”, acto que consiste en baixar os dedos medios da man e apuntar co índice e co maimiño cara ao obxecto ou persoa maléfica, segundo se practicaba xa na Antigüidade. A imaxe dos machos que turran ata que o máis forte consegue a vitoria sobre todos os seus adversarios xustifica o uso do corno como símbolo de forza e de poder. En latín cornu significa ‘corno’ e ‘forza’. Tanto na Antigüidade como na Biblia o corno representa o poder da realeza; na Biblia abundan, ademais, os textos nos que representa a forza espiritual. O poder de Deus simbolízase, así mesmo, por medio dos cornos, por exemplo na Apocalipse, onde o Cordeiro ten os sete cornos da omnipotencia. Os poderes maléficos, en canto que poderes, tamén están dotados de cornos, por exemplo a Cuarta Besta da visión de Daniel. Na tradición cristiá o Mal, personificado por Satán, que é poderoso, aínda que non tanto coma Deus, leva cornos. Os xudeus utilizaban cornos como vasos e como vasilla, sobre todo para o aceite; costume que xa se practicaba na Antigüidade. Por esa razón a Abundancia personificada tiña un corno, a cornucopia, cheo de flores e de froitos da terra. A cornucopia serve de atributo a deusas, como Flora e Ceres, que fan medrar os froitos da terra e as flores. Ademais, os xudeus utilizaban os cornos a xeito de trompetas para convocar o pobo e anunciar algún acontecemento; de corno de carneiro eran as trompetas coas que derribaron as murallas de Xericó. Os pastores gregos empregábanos para comunicarse no campo e para congregar os seus rabaños. En Roma usában-os nas asembleas, cerimonias relixiosas, funerais, xogos do anfiteatro e no exército. Por emitir un sonido lúgubre, era atributo de Melpomene, a deusa grega da traxedia. Así mesmo, como o utilizaban os cazadores, serve de atributo na iconografía a san Eustaquio e san Huberto, aos que lles gustaba a caza. O macho da cabra consente que outros machos copulen coas súas femias; de aí que ao marido enganado se lle chame “cabrón” e, por ser o macho cabrío, “cornudo”. Por extensión, indican o mesmo os cornos do touro, do cervo ou calquera outro animal cornudo.
Sinónimos: corna. Confrontacións: hasta. -
Órgano ou apéndice que destaca na cabeza dalgún animal, como as antenas ou as mandíbulas dalgúns escaravellos, ou o par de tentáculos que portan os ollos dos caracois.
Sinónimos: corna. -
Apéndice de certos animais que, unha vez preparado, serve para gardar a pedra de afiar e a gadaña.
Ex: Non gardou a pedra de afiar no corno e perdeuna.
-
-
s
m
Substancia da capa exterior dos cornos coa que se fabrican determinados obxectos.
Ex: Tróuxolle unha navalla de corno de touro.
-
s
m
-
Calquera cousa que, pola súa forma cónica, ten semellanza cun corno de animal.
Ex: Sempre lle come un corno á barra do pan.
-
Cada unha das puntas da Lúa cando está en cuarto minguante ou cuarto crecente.
-
[ANAT]
Formación da substancia gris da médula espiñal que, nunha sección transversal, ten forma de media lúa. Hai dúas anteriores, dúas posteriores e dúas laterais; das anteriores e das posteriores saen as raíces correspondentes aos nervios raquidios.
-
-
s
m
Avultamento producido por un golpe, especialmente na fronte.
Ex: Deu na cabeza co canto da mesa e saíulle un corno.
Sinónimos: pote. -
s
m
[ANIMAL]
Gasterópodo de cuncha de ata 40 cm de lonxitude, de cor clara con debuxos castaños nas espiras anchas e tuberculadas. A súa abertura é ovada e de marxe grosa, a canle sifonal aberta e curta e o opérculo groso. Habita nos medios rochosos da zona costeira.
-
s
m
[MÚS]
-
Instrumento de vento que consiste nun corno dun animal. Na Antigüidade, a súa utilización principal reducíase á emisión de sinais acústicos perceptibles a gran distancia como sinal de alarma. Cando comezou a introducirse nos ámbitos especificamente musicais, buscáronselle diferentes posibilidades e fixéronlle orificios que permitían unha maior variedade de sons.
Sinónimos: bucina, buguina, corna. -
Cuncha baleira e furada da bucina que ao soprar por ela produce sons.
Sinónimos: buguina, corna.
-
-
s
m
[PLANTA]
2 aro.
-
s
m
[BÉL]
-
Lado ou extremo dereito ou esquerdo dunha cousa.
-
Costado ou flanco dun exército.
-
-
s
m
[ARQUIT]
No capitel corintio, ángulo que, en ocasións, sobresae do ábaco.
-
s
m
[TECNOL]
Cada unha das pequenas antenas que se colocan sobre dous condutores eléctricos entre os que se pode cebar un arco. Empréganse para protexer os illadores de cadea.
-
s
m
[MAR]
-
Barra do cabrestante.
-
Cada unha das dúas extremidades coas que vai provista a áncora para evitar que poida escapar o eixe do volante.
-
Prominencia das minas submarinas que ten como finalidade facelas estoupar ao ser tocadas por un barco ou por outro obxecto.
-
-
s
m
[HERÁLD]
Figura que comprende tres variantes: o corno de caza, que se caracteriza por levar un cordón, o corniño, que é un corno de caza pequeno e sen cordón, e a trompeta de caza, que é un gran corno de caza sen cordón, enrolado sobre si mesmo.
-
s
m
[HERÁLD]
Termo da xerga das palilleiras que corresponde á voz que designa cada un dos paos de madeira ou cana de vasoira que manteñen tesa a almohada e a apoia contra outro obxecto, unha cadeira, unha mesa ou a parede.
-
s
m
Hiperceratose da pel en forma de eminencia dura, erecta ou enrolada.
-
corno cutáneo
[PAT]
aso en forma de corno cheo de froitas e flores, que simboliza a Abundancia. Empregouse, habitualmente, como elemento decorativo.
-
corno da abundancia
[MIT]
estramonio.
Sinónimos: cornucopia. -
corno do cervo
[PLANTA]
Instrumento de aire de dobre lingüeta co cano de madeira en forma cónica e acabado nunha campá ovoide característica. Considerado como un tenor do óboe, hai que buscar as súas orixes na Alemaña do s XVIII. Empregouse moito como solista polos compositores románticos.
-
corno inglés
[MÚS]
Cogomelo dos fungos do xénero Craterellus.
Frases feitas
-
Poñerse de cornos/nos cornos da Lúa. Incomodarse con alguén.
-
Poñer/ pór os cornos. Serlle infiel unha persoa á súa parella.
-
Pór/poñer nos cornos da Lúa a alguén. Gabar moito a alguén.
-
Ser (feo) coma un corno. Ser moi feo.
-
Ser retorcido coma os cornos. Ser unha persoa cun carácter difícil de tratar.
-
Ter os cornos grandes. Ser moi egoísta.