corna

corna

(< corno)

  1. s f

    Conxunto dos cornos dun animal.

    Ex: No museo había moitas cornas de distintos animais.

    Sinónimos: cornamenta.
  2. s f [ANAT]
    1. Protuberancia que presentan na cabeza algúns animais, as máis das veces dispostas nos ósos frontais, e que cumpre unha función defensiva ou de exhibición sexual.

      Sinónimos: corno.
    2. Órgano ou apéndice que destaca na cabeza dalgún animal, como as mandíbulas das vacalouras ou os tentáculos oculares das lesmas.

      Sinónimos: corno.
  3. s f [ANIMAL]

    corno.

  4. s f [MÚS]

    Instrumento aerófono construído coa cuncha dunha caracola ou cun corno dun animal. O son emítese por un orificio feito na punta e acada unha gran resonancia.

    Sinónimos: bucina, buguina, corno.

Palabras veciñas

Corn d’Or | Corn Laws* | corn(eo/i)- | corna | Corna | Corna Becerra | Corna, A