corna
corna
(< corno)
-
s
f
Conxunto dos cornos dun animal.
Ex: No museo había moitas cornas de distintos animais.
Sinónimos: cornamenta. -
s
f
[ANAT]
-
Protuberancia que presentan na cabeza algúns animais, as máis das veces dispostas nos ósos frontais, e que cumpre unha función defensiva ou de exhibición sexual.
Sinónimos: corno. -
Órgano ou apéndice que destaca na cabeza dalgún animal, como as mandíbulas das vacalouras ou os tentáculos oculares das lesmas.
Sinónimos: corno.
-
-
s
f
[ANIMAL]
corno.
-
s
f
[MÚS]
Instrumento aerófono construído coa cuncha dunha caracola ou cun corno dun animal. O son emítese por un orificio feito na punta e acada unha gran resonancia.
Sinónimos: bucina, buguina, corno.