Código de dereito canónico

Código de dereito canónico
[DER]

Escolma de leis da Igrexa católica de rito latino que, baixo o nome de Codex Iuris Canonice, foi redactada organicamente por decreto de Pío X en 1904 e promulgado por Bieito XV en 1917. Constaba de cinco libros: normas xerais, das persoas, das cousas, dos procesos e dos delitos e as penas. Logo do Concilio Vaticano II iniciouse a revisión, que entrou en vigor en 1983. O novo código consta de sete libros: das normas xerais, do pobo de Deus, da misión da Igrexa de ensinar, da función da Igrexa de santificar, dos bens temporais, das sancións e dos procesos.

Palabras veciñas

codificador -ra | codificar | código | Código de dereito canónico | Código de Eurico | Código de Hammurabi | Código de Napoleón