Coelho, Armando Ferreira da Silva

Coelho, Armando Ferreira da Silva

Historiador e arqueólogo portugués. Licenciado en Teoloxía en 1965, doutorouse nas especialidades de Prehistoria e Arqueoloxía en 1987 na Universidade do Porto. Profesor nesta universidade, especializouse en epigrafía e a Idade do Ferro no NO peninsular. Colaborador habitual das revistas Arqueologia, Gaya, Poligrafia e Portugalia, é director da revista Lucerna. Entre as súas obras sobresaen A idade dos metais em Portugal (1983), A cultura castreja no noroeste de Portugal (1986), Idade do Ferro em Portugal (1990), As origens do Porto (1994) e Portuguese Castros: the evolution of the habitat and the proto-urbanisation process (Castros portugueses: a evolución do hábitat e o proceso de protourbanización, 1995). Realizou a catalogación do material arqueolóxico do Museu Municipal de Etnografia e História de Póvoa de Varzim. Foi vogal da comisión nacional de arqueoloxía, membro da comisión científica internacional para o val do Côa, director do Instituto de Arqueologia da Universidade do Porto e director do Museu arqueológico da Citânia de Sanfins.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Sanfins de Ferreira, Paços da Ferreira