Coello de Portugal y Quesada, Francisco

Coello de Portugal y Quesada, Francisco

Militar e xeógrafo. Ingresou na Academia militar de Guadalajara, onde obtivo o grao de tenente de enxeñeiros en 1839. Serviu ás ordes do xeneral Espartero na guerra contra os carlistas; ao seu remate recibiu a cruz da orde de San Fernando e o ascenso a capitán. En 1844 destinárono como agregado ao exército francés que desenvolvía a campaña de conquista de Alxeria. En 1846 incorporouse á dirección xeral de Enxeñeiros, dende a que comezou os traballos do Atlas de España a escala 1:200.000 (46 follas publicadas a partir de 1847). En 1866, un ano despois de acadar o ascenso a coronel, pediu o retiro do exército para dedicarse á investigación. Entre as súas obras destaca Reseña Geográfica de España y de sus provincias de Ultramar (1858).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Jaén

  • Deceso

    Lugar : Madrid