Coereba
Coereba
[ANIMAL/ORNIT]
Xénero de aves da familia dos coeríbidos de 10 cm de lonxitude, peteiro agudo e lixeiramente curvado cara a abaixo, cola curta; a cella e a gorxa son brancas, as partes superiores grises e as inferiores amarelas. Aliméntase de froitos, invertebrados e néctar, e fabrican un niño arredondado cunha entrada lateral. A especie C. flaveola distribúese polas Antillas, o S de México e o nordeste da Arxentina.