coesita

coesita

(< antropónimo L. Coes,químico norteamericano)

s f [MINERAL]

Dióxido de silicio, de fórmula SiO2. Cristaliza no sistema monoclínico. É o mineral polimorfo da sílice de maior densidade. Orixínase en rochas que estiveron sometidas ao impacto de grandes meteoritos. Loring Coes sintetizouna por primeira vez no ano 1953 a unha presión de 35 atmosferas.

Palabras veciñas

coercitivo -va | Coereba | Coeses | coesita | coestesia | coetaneidade | coetáneo -a