coevolución
coevolución
(< co- + evolución)
s
f
[BIOL]
Evolución simultánea de dous grupos de organismos que se inflúen reciprocamente e que se adaptan progresivamente uns aos outros, como por exemplo as anxiospermas de polinización por insectos e os propios insectos. Tamén se coñece como evolución concertada.