coexistencia

coexistencia

(< coexistir)

  1. s f

    Acción e efecto de coexistir.

  2. coexistencia pacífica [POLÍT]

    Fórmula de política e diplomacia internacional adoptada entre estados de configuración política e económica diversa e antagónica, para solucionar as súas diverxencias de forma pacífica, co rexeitamento dos enfrontamentos militares directos. Este concepto desenvolveuse a partir da superación das etapas de Guerra Fría e distensión seguintes ao final da Segunda Guerra Mundial, co obxecto de regularizar as relacións e diminuír a tensión existente entre a Unión Soviética e os estados do sistema económico capitalista, liderados por EE UU. O período de coexistencia pacífica abrangueu desde os anos sesenta ao desmantelamento do bloque comunista, a partir de 1989.

Palabras veciñas

Coeur, Jacques | coevo -va | coevolución | coexistencia | coexistente | coexistir | cofa